portadaO Departamento de Bioloxía Celular e Molecular da Universidade da Coruña recolle nesta páxina Web información sobre o seu afán de propiciar unha docencia de calidade e de apoiar a investigación que se leva a cabo no seo deste.

O Departamento de Bioloxía Celular e Molecular agrupa a todos os docentes e investigadores da antedita universidade pertencentes ás áreas de Bioloxía Celular, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Xenética e Microbioloxía.

Nestes momentos, a docencia que o departamento ten baixo a súa responsabilidade abrangue as materias de primer e segundo ciclo na Facultade de Ciencias e na Escola Universitaria de Fisioterapia dentro das áreas que o forman . As actividades docentes do departamento complétanse con tres programas de doutoramento destinados á formación dos titulados dentro do ámbito da investigación. Dende o curso 2006/07 participa nos posgraos oficiais en "Neurociencias" e "Química Ambiental e Fundamental".

A actividade investigadora dos membros do departamento constitúe un elemento prioritario para a consolidación da súa calidade científica. Dita actividade plásmase dentro dos catro grupos de investigación en que se estrutura o departamento e na colaboración nun grupo de investigación do Departamento de Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía.