Comunicado de apoio á Fundación Barrié

A Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña desexa expresar o seu recoñecemento e apoio á Fundación Barrié que, dende o mesmo momento da súa constitución, ten sido un referente na promoción da educación , a cultura, a ciencia e a protección do patrimonio de Galicia, cunha acción social e unha labor de mecenazgo exemplar.
A Universidade da Coruña ten recibido un grande apoio da Fundación. Moitos alumnos e profesores foron quen de realizar ou ampliar os seus estudos e investigacións grazas ao apoio decidido da Fundación Barrié. Dito apoio ten revertido grandemente, e de múltiples maneiras, na sociedade galega. Agardamos que a actual situación de dificultade sobrevida pola que está a pasar a Fundación se resolva positivamente, tanto para a propia institución como para os seus empregados.

O Decano

Moisés Canle