PAT Ciencias

O Plan de Acción Titorial (PAT) permite aos docentes desenvolver funcións de titoría e orientación académica e profesional dos estudantes. Deste modo, a acción titorial pode axudar a resolver problemas de índole académica e orientar os estudantes nas súas estratexias de aprendizaxe.

A función principal do PAT é ofrecer ao estudante unha persoa de referencia que lle oriente no seu desenvolvemento académico durante o seu período como universitario/a. Concíbese como unha actividade continuada, por iso a súa duración debe estenderse durante toda a permanencia do alumno na titulación. Para iso trátase, sempre con carácter voluntario por parte do alumno, como un plan de acollida, seguimento/ orientación académica e orientación profesional.

Por outro lado, a Facultade de Ciencias recibe cada ano un número considerable de estudantes Erasmus. A estes alumnos tamén se lles asigna un titor, xa que se considera moi importante que estes alumnos teñan unha persoa de referencia durante os seus estudos na UDC.

Coordinadora do Plan de Acción Titorial da Facultade

Montserrat Domínguez Pérez - montserrat.dominguez.perez@udc.es

Twitter  @PATCienciasUDC